Entradas

I Feira de Ciencias do Xurés

Imagen
Por fin chegou o gran día!! A nosa I Feira de Ciencias do Xurés foi todo un éxito e todo o alumnado estivo moi implicado e moi participativo mostrando aos nosos invitados e invitadas todo o aprendido no noso proxecto. A feira realizouse en todo o colexio o día 14 de Xuño a través de diferentes stands relacionados con cada bloque de contidos (localización, clima, auga, fauna e flora e xeoloxía) onde se explicaron e se realizaron os diferentes experimentos, ademáis de sumarse un stand relacionado co noso eco horto onde se facía unha degustación de fresas cultivadas no noso horto dunha maneira ecolóxica en comparación a fresas cultivadas con fertilizantes; ademáis houbo outros invitados como os colexios de Entrimo e de Padrenda que tamén nos mostraron a s súas investigacións e experimentos. A continuación mostramos a través das diferentes fotos todo o percorrido polos diferentes stands. STAND DE LOCALIZACIÓN   STAND CLIMATOLOXÍA

A Xeoloxía no Xurés!!

Imagen
Pois chegamos ó último bloque do noso proxecto, A XEOLOXÍA, sendo o noso protagonista durante o pasado mes de maio e finalizará ca exposición dos experimentos o próximo Luns 10 de xuño. Comezamos ca introducción das actividades que se levarán a cabo durante este bloque  e coa charla sobre a Xeoloxía no Xurés. Como sempre déixovos unha mostra visual!!