I Feira de Ciencias do Xurés
Por fin chegou o gran día!!
A
nosa I
Feira de Ciencias do Xurés
foi todo un éxito e todo o alumnado estivo moi implicado e moi
participativo mostrando aos nosos invitados e invitadas todo o
aprendido no noso proxecto. A feira realizouse en todo o colexio o día 14 de Xuño a
través de diferentes stands relacionados con cada bloque de contidos
(localización, clima, auga, fauna e flora e xeoloxía) onde se explicaron e se realizaron os diferentes experimentos, ademáis de
sumarse un stand relacionado co noso eco horto onde se facía unha
degustación de fresas cultivadas no noso horto dunha maneira
ecolóxica en comparación a fresas cultivadas con fertilizantes; ademáis houbo
outros invitados como os colexios de Entrimo e de Padrenda que tamén
nos mostraron as
súas investigacións e experimentos. A continuación mostramos a
través das diferentes fotos todo o percorrido polos diferentes
stands.
STAND DE LOCALIZACIÓN
STAND CLIMATOLOXÍA
STAND FAUNA E FLORA
STAND AUGA
STAND XEOLOXÍA
STAND ENTRIMO
STAND PADRENDA
STAND ECO - HORTO
Tamén tivemos zona de diversión para os rapaces e rapazas con hinchables e outra zona de merenda onde degustamos uns pinchos exquisitos.
Comentarios
Publicar un comentario