Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2019

o mes da fauna e flora!!

Imagen
E aquí voltamos para mostraros todas as actividades que organizamos e realizamos neste mes de marzo baixo o bloque "fauna e flora". Comezamos a semana do 11 ao 15 de marzo plantando por aula unha semente e así observar que é o que pasa, rexistrando datos e cubrindo as nosas fichas de experimentos.  O Venres 22 de marzo fixemos o noso particular circuito de experimentos onde os nenos e nenas puideron observar como se alimentan as plantas, como respiran as follas, por que as piñas se abren e pechan, que podemos saber da vida dunha árbore e por que as aves teñen distintos picos...  Tamén tivemos unha charla moi interesante o Mércores 27 de marzo,  por parte de Alberto "Toupa", un traballador do Parque do Xurés que veu a falarnos da fauna e flora da zona onde os nenos e nenas aprenderon un montón de cousas da zona tan privilexiada onde viven. Outra novidade deste mes foi a c

Pola igualdade e pola liberdade. Forza compañeiras!!

Imagen
Onte 8 de marzo, día da muller  e coa presentación do seguinte bloque do noso proxecto do club de ciencias "Xurés Nature" (flora e fauna) o titor de 5º de Educación Primaria fixo un percorrido por tódalas aquelas mulleres notables nos campos da ciencia, da tecnoloxía e das matemáticas dende o mundo antigo ata os nosos días. Intrépidas mulleres que fixeron o camiño para as próximas xeracións. *Recomendamos o libro "Mujeres de ciencia: 50 intrépidas pioneras que cambiaron el mundo" de Rachel Ignotofsky.

Que tempo vai?

Imagen
O día 26 de febreiro tivemos unha charla moi interesante co meteorólogo de Lobios onde nos explicou os diferentes instrumentos metereolóxicos que se utilizan para medir o tempo; ademáis o noso alumnado fíxolle unha entrevista na nosa radio do Xurés onde lle preguntaron curiosidades sobre o tempo e o clima. Os rapaces e rapazas aprenderon un montón!!