o mes da fauna e flora!!

E aquí voltamos para mostraros todas as actividades que organizamos e realizamos neste mes de marzo baixo o bloque "fauna e flora". Comezamos a semana do 11 ao 15 de marzo plantando por aula unha semente e así observar que é o que pasa, rexistrando datos e cubrindo as nosas fichas de experimentos. 










O Venres 22 de marzo fixemos o noso particular circuito de experimentos onde os nenos e nenas puideron observar como se alimentan as plantas, como respiran as follas, por que as piñas se abren e pechan, que podemos saber da vida dunha árbore e por que as aves teñen distintos picos... 
















Tamén tivemos unha charla moi interesante o Mércores 27 de marzo,  por parte de Alberto "Toupa", un traballador do Parque do Xurés que veu a falarnos da fauna e flora da zona onde os nenos e nenas aprenderon un montón de cousas da zona tan privilexiada onde viven.



Outra novidade deste mes foi a creación do noso horto escolar, que ademáis de facelo como unha actividade dentro do noso pequeno proxecto de patios inclusivos aproveitámolo moito neste bloque para que os rapaces e rapazas axudaran na súa elaboración, coñeceran as diferentes sementes e finalmente participaran na plantación de leitugas, tomates, espinacas, cenorias, plantas aromáticas...
















Foi un mes moi intenso cun sinfín de actividades!!, xa estamos quentando motores para o próximo bloque onde a auga será a protagonista!!.



Comentarios