Entradas

Mostrando entradas de abril, 2019

En abril...augas mil!!

Imagen
Neste mes de Abril, como di o refrán augas mil, comezamos co bloque da auga onde curiosearemos e investigaremos a través de diversas actividades, algunhas delas xa as fixemos antes das vacacións de Semana Santa: O pasado venres día 5 de Abril comezamos cun obradoiro de papel de reciclaxe para facer as tapas do “Álbum Herbolario” do Bloque da Fauna e Flora. A idea era facer este obradoiro na excursión prevista para ese día e celebrar o día da auga, pero como o tempo é moi inesperado, non nos deixou desfrutar do día, así que fixemos a actividade no cole. O 12 de Abril o sol acompañounos e fixemos a excursión, onde o axente de medio ambiente preparounos unha “misión imposible” para buscar diferentes elementos da natureza e organizou uns xogos a través de diferentes dinámicas onde a auga era a principal protagonista. O día seguiu cunha comida campestre e unha busca do tesouro ata a Corga da Fecha, pasámolo en grande!!. ...Falando do inesperado que é o tempo, neste mes, como xa sabe