En abril...augas mil!!

Neste mes de Abril, como di o refrán augas mil, comezamos co bloque da auga onde curiosearemos e investigaremos a través de diversas actividades, algunhas delas xa as fixemos antes das vacacións de Semana Santa:
O pasado venres día 5 de Abril comezamos cun obradoiro de papel de reciclaxe para facer as tapas do “Álbum Herbolario” do Bloque da Fauna e Flora. A idea era facer este obradoiro na excursión prevista para ese día e celebrar o día da auga, pero como o tempo é moi inesperado, non nos deixou desfrutar do día, así que fixemos a actividade no cole. O 12 de Abril o sol acompañounos e fixemos a excursión, onde o axente de medio ambiente preparounos unha “misión imposible” para buscar diferentes elementos da natureza e organizou uns xogos a través de diferentes dinámicas onde a auga era a principal protagonista. O día seguiu cunha comida campestre e unha busca do tesouro ata a Corga da Fecha, pasámolo en grande!!.
...Falando do inesperado que é o tempo, neste mes, como xa sabemos moitas máis cousas do clima, gracias ás actividades que xa fixemos, daremos o tempo meteorolóxico pola radio; cada semana un aula será a encargada de dalo, estade atentos a web do CEIP do Xurés!!. Aproveitando este gran recurso que temos no cole, a nosa radio do Xurés, gravamos uns programas dando a coñecer todo o noso proxecto do club de ciencias, o alumnado desfruta moito da radio!!.
Os experimentos que temos previstos facer serán dous por aula: un deles será común pero adaptado ao nivel de cada grupo de alumnos e alumnas pero o tema principal será o ciclo da auga, aprendendo conceptos como a evaporación, a condensación, a precipitación... Os outros experimentos serán diferentes, cada aula traballará nun diferente que terá que expoñer o día 26 de Abril a todos os seus compañeiros e compañeiras, coas súas hipóteses iniciais, conclusións finais... como uns verdadeiros científicos!!. Todos os experimentos teñen como protagonista a auga e veremos cousas moi máxicas!!.
Hoxe comezamos coas pilas cargadas o último trimestre e seguiremos poñendo en práctica tódalas actividades previstas para este bloque; déixovos, coma sempre, un resumo visual!!








































Comentarios