Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como BLOQUE CLIMATOLOXÍA XURÉS

Que tempo vai?

Imagen
O día 26 de febreiro tivemos unha charla moi interesante co meteorólogo de Lobios onde nos explicou os diferentes instrumentos metereolóxicos que se utilizan para medir o tempo; ademáis o noso alumnado fíxolle unha entrevista na nosa radio do Xurés onde lle preguntaron curiosidades sobre o tempo e o clima. Os rapaces e rapazas aprenderon un montón!!

Experimentando!!

Imagen
Seguimos co bloque de climatoloxía onde fixemos unha actividade rotativa onde realizamos diferentes experimentos onde lle ensinamos ao noso alumnado como se forma un arco da vella, a neve, un remolino, as nubes e a néboa. O 19 de febreiro fixo un día radiante de sol e fixemos os experimentos no patio, onde cada Mestre-a foi o/a responsable dun experimento. Déixovos unha mostra visual do ben que o pasamos!!

A nosa climatoloxía!!

Imagen
O pasado Venres 8 de Febreiro Cali pasou por todas as aulas do CEIP do Xurés para deixarnos unha carta sorpresa con información sobre diferentes aparellos climatolóxicos e cunha citación para que visitáramos a biblioteca as 15:00 da tarde para disfrutar dunha sesión - presentación do 2º bloque do  proxecto do club de ciencias "Xurés Nature"... e así foi como as mestras de Educación Infantil presentaron dunha maneira moi participativa algunhas das actividades que faremos durante todo o mes de Febreiro.  Aquí vos deixo unha mostra de toda a xornada!!