Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como BLOQUE LOCALIZACIÓN - SITUACIÓN DO PARQUE DO XURÉS

Poñendo en práctica diferentes formas de orientación e localización!!

Imagen
Por fin o bo tempo acompañou e o Martes 12 de febreiro  disfrutamos da nosa excursión programada para o bloque 1, onde visitamos un vértice xeodésico e utilizamos as nosas brúxulas coa axuda dos axentes medioambientais que voluntariamente acompañáronnos e mostráronnos diferentes formas de orientarnos, encontrar un punto concreto nun mapa, utilizar un GPS... aproveitando a excursión visitamos a casola da foxa e gracias a Cali aprendimos que é e para que se utilizaba.

ONDE ESTÁ O NORTE?

Imagen
O 1º bloque que presentamos foi o de localización do parque natural do Xurés, polo que na sesión do día 28 de Xaneiro do 2019 o titor de 5º introduciu á actividade da “elaboración dunha brúxula” a través do primeiro mapa topográfico e científico de Galicia feito por Domingo Fontán en 1817. A continuación e aproveitando o bo día que facía, as diferentes aulas, cos seus titores e titoras, saímos o patio exterior a construír a nosa propia brúxula de diferentes maneiras; un experimento que lles encantou aos rapaces, estiveron moi atentos e moi participativos, déixovos unha mostra de elo!!

Comezamos!!

Imagen
3, 2, 1… Comezamos o noso proxecto “Xurés Nature” o 18 de Xaneiro do 2019 facéndolle unha presentación ao noso alumnado do CEIP do Xurés a través do vídeo da aplicación “Destino Xurés” onde se da a coñecer o patrimonio e a historia desta zona do interior da provincia de Ourense grazas ao impulso da Consellería de Cultura e Turismo a través da nosa amiga Cali, que fará de fío condutor tamén no noso proxecto. Nesta sesión acercamos ao alumnado á gran zona onde viven e curioseamos sobre os seus coñecementos previos presentando así os 5 bloques que formarán parte do proxecto: 1.        LOCALIZACIÓN 2.        CLIMATOLOXÍA 3.        FAUNA E FLORA 4.        A AUGA 5.        A XEOLOXÍA Déixovos algunha foto da sesión e o vídeo/presentación! https://www.youtube.com/watch?v=jYA1kH92s3c