Entradas

Experimentando ca auga!!

E chegou o día onde os rapaces e rapazas do CEIP Xurés convertéronse en verdadeiros/as científicos/as e explicaron por aula os seus experimentos do bloque da auga, mostrando as hipótesis iniciais e chegando as conclusións correctas...deíxovos un video - presentación realizado por Martín, o titor de 1º e 2º de EP... Disfrutade!!

En abril...augas mil!!

Imagen
Neste mes de Abril, como di o refrán augas mil, comezamos co bloque da auga onde curiosearemos e investigaremos a través de diversas actividades, algunhas delas xa as fixemos antes das vacacións de Semana Santa: O pasado venres día 5 de Abril comezamos cun obradoiro de papel de reciclaxe para facer as tapas do “Álbum Herbolario” do Bloque da Fauna e Flora. A idea era facer este obradoiro na excursión prevista para ese día e celebrar o día da auga, pero como o tempo é moi inesperado, non nos deixou desfrutar do día, así que fixemos a actividade no cole. O 12 de Abril o sol acompañounos e fixemos a excursión, onde o axente de medio ambiente preparounos unha “misión imposible” para buscar diferentes elementos da natureza e organizou uns xogos a través de diferentes dinámicas onde a auga era a principal protagonista. O día seguiu cunha comida campestre e unha busca do tesouro ata a Corga da Fecha, pasámolo en grande!!. ...Falando do inesperado que é o tempo, neste mes, como xa sabe...

o mes da fauna e flora!!

Imagen
E aquí voltamos para mostraros todas as actividades que organizamos e realizamos neste mes de marzo baixo o bloque "fauna e flora". Comezamos a semana do 11 ao 15 de marzo plantando por aula unha semente e así observar que é o que pasa, rexistrando datos e cubrindo as nosas fichas de experimentos.  O Venres 22 de marzo fixemos o noso particular circuito de experimentos onde os nenos e nenas puideron observar como se alimentan as plantas, como respiran as follas, por que as piñas se abren e pechan, que podemos saber da vida dunha árbore e por que as aves teñen distintos picos...  Tamén tivemos unha charla moi interesante o Mércores 27 de marzo,  por parte de Alberto "Toupa", un traballador do Parque do Xurés que veu a falarnos da fauna e flora da zona onde os nenos e nenas aprenderon un montón de cousas da zona tan privilexiada onde viven. Outra novidade deste mes foi a c...