Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2019

Poñendo en práctica diferentes formas de orientación e localización!!

Imagen
Por fin o bo tempo acompañou e o Martes 12 de febreiro  disfrutamos da nosa excursión programada para o bloque 1, onde visitamos un vértice xeodésico e utilizamos as nosas brúxulas coa axuda dos axentes medioambientais que voluntariamente acompañáronnos e mostráronnos diferentes formas de orientarnos, encontrar un punto concreto nun mapa, utilizar un GPS... aproveitando a excursión visitamos a casola da foxa e gracias a Cali aprendimos que é e para que se utilizaba.

A nosa climatoloxía!!

Imagen
O pasado Venres 8 de Febreiro Cali pasou por todas as aulas do CEIP do Xurés para deixarnos unha carta sorpresa con información sobre diferentes aparellos climatolóxicos e cunha citación para que visitáramos a biblioteca as 15:00 da tarde para disfrutar dunha sesión - presentación do 2º bloque do  proxecto do club de ciencias "Xurés Nature"... e así foi como as mestras de Educación Infantil presentaron dunha maneira moi participativa algunhas das actividades que faremos durante todo o mes de Febreiro.  Aquí vos deixo unha mostra de toda a xornada!!

ONDE ESTÁ O NORTE?

Imagen
O 1º bloque que presentamos foi o de localización do parque natural do Xurés, polo que na sesión do día 28 de Xaneiro do 2019 o titor de 5º introduciu á actividade da “elaboración dunha brúxula” a través do primeiro mapa topográfico e científico de Galicia feito por Domingo Fontán en 1817. A continuación e aproveitando o bo día que facía, as diferentes aulas, cos seus titores e titoras, saímos o patio exterior a construír a nosa propia brúxula de diferentes maneiras; un experimento que lles encantou aos rapaces, estiveron moi atentos e moi participativos, déixovos unha mostra de elo!!

Comezamos!!

Imagen
3, 2, 1… Comezamos o noso proxecto “Xurés Nature” o 18 de Xaneiro do 2019 facéndolle unha presentación ao noso alumnado do CEIP do Xurés a través do vídeo da aplicación “Destino Xurés” onde se da a coñecer o patrimonio e a historia desta zona do interior da provincia de Ourense grazas ao impulso da Consellería de Cultura e Turismo a través da nosa amiga Cali, que fará de fío condutor tamén no noso proxecto. Nesta sesión acercamos ao alumnado á gran zona onde viven e curioseamos sobre os seus coñecementos previos presentando así os 5 bloques que formarán parte do proxecto: 1.        LOCALIZACIÓN 2.        CLIMATOLOXÍA 3.        FAUNA E FLORA 4.        A AUGA 5.        A XEOLOXÍA Déixovos algunha foto da sesión e o vídeo/presentación! https://www.youtube.com/watch?v=jYA1kH92s3c

Que é "Xurés Nature"?

Imagen
A ensinanza moderna basease na investigación e no desenvolvemento do espírito crítico. O alumnado debe aprender cos feitos, observándoos e logo interpretándoos por medio de experimentos e con razoamento rigoroso. Espérase que el/ela mesmo/a redescubra e comprenda principios fundamentais a través da observación e da propia reflexión. De aquí nace a presente proposta de proxecto "Club de ciencia", un espazo de aprendizaxe baseado nunha metodoloxía de indagación onde o alumnado dará resposta as súas curiosidades, aos seus intereses e á resolución de problemas. O noso Centro encontrase situado en Lobios (Ourense), en medio do "Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés" constituíndo un espazo natural protexido de grandes dimensións onde a natureza é visible nas súas diferentes formas. Deste modo xorde o noso Proxecto "Xurés Nature", facendo unha viaxe fascinante onde o alumnado, coa axuda dos docentes, agudizará o seu espírito científico e a súa cur