Que é "Xurés Nature"?


A ensinanza moderna basease na investigación e no desenvolvemento do espírito crítico. O alumnado debe aprender cos feitos, observándoos e logo interpretándoos por medio de experimentos e con razoamento rigoroso. Espérase que el/ela mesmo/a redescubra e comprenda principios fundamentais a través da observación e da propia reflexión. De aquí nace a presente proposta de proxecto "Club de ciencia", un espazo de aprendizaxe baseado nunha metodoloxía de indagación onde o alumnado dará resposta as súas curiosidades, aos seus intereses e á resolución de problemas.
O noso Centro encontrase situado en Lobios (Ourense), en medio do "Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés" constituíndo un espazo natural protexido de grandes dimensións onde a natureza é visible nas súas diferentes formas. Deste modo xorde o noso Proxecto "Xurés Nature", facendo unha viaxe fascinante onde o alumnado, coa axuda dos docentes, agudizará o seu espírito científico e a súa curiosidade.
Invítovos a todos e a todas a coñecer esta gran aventura no Xurés!!
Comezamos!!


Comentarios