ONDE ESTÁ O NORTE?



O 1º bloque que presentamos foi o de localización do parque natural do Xurés, polo que na sesión do día 28 de Xaneiro do 2019 o titor de 5º introduciu á actividade da “elaboración dunha brúxula” a través do primeiro mapa topográfico e científico de Galicia feito por Domingo Fontán en 1817. A continuación e aproveitando o bo día que facía, as diferentes aulas, cos seus titores e titoras, saímos o patio exterior a construír a nosa propia brúxula de diferentes maneiras; un experimento que lles encantou aos rapaces, estiveron moi atentos e moi participativos, déixovos unha mostra de elo!!















Comentarios