Comezamos!!


3, 2, 1… Comezamos o noso proxecto “Xurés Nature” o 18 de Xaneiro do 2019 facéndolle unha presentación ao noso alumnado do CEIP do Xurés a través do vídeo da aplicación “Destino Xurés” onde se da a coñecer o patrimonio e a historia desta zona do interior da provincia de Ourense grazas ao impulso da Consellería de Cultura e Turismo a través da nosa amiga Cali, que fará de fío condutor tamén no noso proxecto. Nesta sesión acercamos ao alumnado á gran zona onde viven e curioseamos sobre os seus coñecementos previos presentando así os 5 bloques que formarán parte do proxecto:
1.       LOCALIZACIÓN
2.       CLIMATOLOXÍA
3.       FAUNA E FLORA
4.       A AUGA
5.       A XEOLOXÍA
Déixovos algunha foto da sesión e o vídeo/presentación!




Comentarios